Carmen López

Traxe tradicional galego

Obradoiro de traxe tradicional galego:

Falar de Carmen é falar dunha referencia no traxe tradicional galego. Sen lugar a dúbidas é unha muller que lle apaixona o que fai. A súa implicación no traballo que realiza vai moito máis aló do que a xente pode imaxinar.

Xa non quedan en Galicia moitas persoas que se dediquen á esta labor; pero a vilalbesa dedica a maior parte do seu tempo a recuperar, deseñar e confeccionar traxes tradicionais para nenos e nenas, adultos, grupos de baile e gaitas, que se poden ver en distintas vilas, pobos e cidades de Galicia e doutros países.