Pilar Cupeiro

Iluminación e artes plásticas

Obradoiro de Iluminación e artes plásticas:

Artista multidisciplinar, licenciada en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra, graduada en Deseño de Interiores, Técnica en moldes e matricería cerámica, pintora, escultora e deseñadora en iluminación. O traballar en diferentes disciplinas artísticas, ábrese un campo de obras que se retro-alimentan conseguindo resultados orixinais.

O lugar de traballo sitúase no corazón da Reserva da Biosfera Terras do Miño moi propicio para a inspiración e a creación. Na súa obra eflúe o entorno natural co as sus formas orgánicas e una tendencia social relacionada con mundo da muller.

Traballa tanto os espazos exteriores coma os interiores, escollendo diferentes materiais segundo as necesidades, procurando sempre un equilibrio entre deseño e creatividade.

Volume, cor, luz, significado,… están presentes na obra de Pilar nunha procura constante de  emoción e creación. A atracción por la luz fai que desenvolva obxectos que xogan coa iluminación , modelándoa e estimulando sensacións para distintos espazos.

Pintura, escultura, deseños de interiores, lámpadas de deseño creativo,… conviven e manan de este estudo taller para ser gozadas.