Obradoiro de complementos de moda:
A viveirense Iria Pigueiras e unha muller polifacética, afincada dende o ano 2008 na parroquia vilalbesa de Santaballa, é a artífice de Imavi, unha firma de bixutería e complementos inspirada na natureza; ademais, é mestra de violín e afeccionada á fotografía.
Sempre tivo claras as súas preferencias e por onde quería dirixir os seus pasos cando fose grande. Aos oito anos comezou a cursar violín na escola de música de Xove e, sendo constante, non só logrou obter o título de grao medio, senón tamén facerse cunha praza de mestra no centro. Tamén estudou fotografía, porque quería profundar no seu gusto pola estética, e acabou por converter o que era unha simple afección, a fabricación de marca-páxinas, accesorios ou pezas de bixutería, nunha forma de vida.
Lugar do Alligal 32, O Carrizo-Santaballa 27830 Vilalba (Lugo) Teléfono: 636536464 imavi@hotmail.com