O vilalbés Marcos Ladra leva unha década dedicado á talla de madeira. Fixo o Bacharelato Artístico en Burela e logo formouse en Talla de Madeira e Ebanistería Artística na Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo: Axiña comezou a traballar en feiras e facer demostracións como artesán.
Fixo as prácticas con unha artesán de Santaballa coa que traballou dous anos
Logo asociouse cunha compañeira creando o proxecto Parteluz Estudio, desenvolvendo as tarefas de recuperación dos retablos do santuario da Virxe da Barca en Muxía.
“Facemos restauracións en todo tipo de soporte, en pedra, en metal, en pintura mural, en lenzo… restauración a gran escala de retablos, pinturas de igrexas, fachadas… e tamén a particulares, restauración e recuperación de mobles ou o que a xente nos traia”
O seu traballo é para el “moi satisfactorio” e coa restauración está descubrindo novas técnicas que o levan a estar innovando e aprendendo cada día.