Pepa Lombao

Olería tradicional de Bonxe

Obradoiro de oleria de Bonxe:

Pepa  naceu en Bonxe, Outeiro de Rei, Lugo. Cursou estudios na Escola de Artes Aplicadas de Lugo. Traballa dende hai trinta anos no mundo do barro facendo pezas da olería de Bonxe, onde comenzou os seus vinte e dous anos, xunto co seu pai, Indalecio Lombao Gómez, oleiro e músico do mesmo pobo. Exerceu a docencia no campo da cerámica en distintos centros e concellos.

No ano dous mil inaugurou o seu propio Taller-Museo, onde se poden atopar pezas con máis de cen anos de antigüidade da olería de Bonxe, as pezas tradicionais de sempre, e pezas modernas cuxa función é máis que decorativa. Investigadora incansable, traballa a escultura en barro, explotando cores e formas. O proceso máxico comeza pola procura da materia prima, que ela mesma prepara e obtén da terra da zona, (-o que lle aporta un color único e recoñecible-, como unha peza da alfarería de Bonxe), e remata pola cocción no forno de chama directa.

Datos de contacto

Tlfnos: 982393399   646513856 Lg. A Veiga  17  27153    Outeiro de Rei pepabonxe@gmail.com

Na web

www.pepabonxe.blogspot.com www.facebook.com/pepabonxe