Obradoiro de instrumentos musicais:
Entrou en contacto coa música tradicional galega nos anos oitenta, na Asociación cultural de Outeiro de Rei. É aquí onde comezo a aprendizaxe como percusionista de xeito autodidacta: “dende entón xa non me puiden apartar do universo da Música Tradicional ; o que comezou sendo unha afición apaixoante, foise convertendo pouco a pouco e case sen me dar conta na miña vida profesional”.
O seu Pai aprendeulle o oficio de carpinteiro-ebanista dende rapaz, o que lle permiteu coñecer as técnicas e manexo de ferramentas para traballar a madeira: “Esto facilitóume moito as cousas cando decidín facer o meu primeiro tambor nos anos 90 do pasado século, movido pola curiosidade e o reto de ser capaz de facer o meu proprio instrumento”.
A súa curiosidade innata reclamáballe estudar tambores vellos e antigos, ler libros e tratados sobre a percusión, para tratar de entender cales son as variables que inflúen no resultado final dun instrumento, mais tamén continuando a facer instrumentos, coa intención de aportar unha mellora, tanto estética como acústica, á percusión Galega.
Xa van aló uns cantos anos facendo instrumentos, sempre evolucionando e incorporando novas técnicas e materiais, co mesmo obxectivo, que os instrumentos musicais que empregamos na nosa música tradicional acaden o mais alto nivel de elaboración, conquerindo así a mesma consideración que calquera outro instrumento clásico.
Resultou premiado co Antonio Fraguas de Artesanía da Deputación de A Coruña no ano 2014.
Lg. Abeladoira 1-San Fiz de Paz, 27153-Outeiro de Rei (Lugo) Teléfonos: 982393278 / 696431657 obradoiro@xaneco.gal
www.xaneco.gal www.facebook.com/xanecotubio