Obradoiro de cestería contemporánea
Nacida en Euskadi e residente en Outeiro de Rei mestura o seu coñecemento do oficio tradicional coa experimentación para levar a cestaría a novos escenarios. Bióloga de formación comeza a súa andaina artesán a finais do pasado século e dende entón mestura creación e aprendizaxe co ensino.
Partindo das técnicas tradicionais investiga permanentemente con fibras e tecidos, grazas a súa creatividade transforma materia e volume para concluír novas liñas de deseño aplicadas a decoración ou moda:
“É un reto sentarse no obradoiro a traballar e enfrontarse os novos materiais e investigar con que técnica tradicional poden ser tecidos e incluso mesturar técnicas textís que non pertencen a cestería como o macramé, o ganchillo, etc”
Con este sentido renovador da artesanía propón un novo concepto no deseño da súa produción que se pode atopar en feiras internacionais como Maison&Object (Paris),Tendence (Frankfurt), Tent London e Formex (Estocolmo) ademais de resultar gañadora do premio nacional de Artesanía 2014.
Lg. Hortas 7-Cela, Outeiro De Rei, Lugo Teléfonos: +34 982390666 +34 677334150